GALERÍA DE ARTE (alumnado de 2º ESO. Curso 24/25)

Sandro Botticelli (1445-1510) Alegoría da primavera Por David Sanz Diéguez Título: Alegoria della Primavera Ano: c. 1480 Técnica: Temple sobre táboa Estilo: Renacemento Tamaño: 207 x 319 cm Localización: Galeria degli Uffizi (Florencia, Italia) Esta célebre obra do pintor italiano Sandro Botticelli ,coñecida tamén como A Primavera, foi realizada para Lorenzo de Médici, primo de Lorenzo o Magnífico. Os Médici eran unha importante familia de banqueiros florentinos e máis tarde da casa real da Toscana. O cadro está cheo de significados alegóricos de difícil interpretación,pero na súa atmosfera de fábula destacan por enriba de todo a elegancia das figuras e a poesía do conxun...